Sunday 28 de April de 2024

Toma de posesión do persoal funcionario que superou o pro-ceso de promoción interna


Hoxe tomaron posesión dos seus cargos cinco dos seis funcionarios que superaron o proceso de promoción interna convocado polo Concello de Carballo para cubrir outras tantas prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2022. O sexto incorporarase o día 21. No acto, que tivo lugar na Alcaldía, participaron Evencio Ferrero e a concelleira Maruxa Suárez, así como a técnica de Persoal, Lorena Rey Paulos, que exerce estes días como secretaria da corporación.

As vacantes cubertas neste proceso e as persoas titulares son as seguintes:
• Oficial de mantemento de obras: José Luis Lorenzo Reino (grupo C2, nivel 14)
• Técnica animadora cultura: María del Carmen Castro Pombo (grupo A2, nivel 22)
• Axente de inspección de obras: Xaime Díaz Alonso (grupo C1, nivel 16)
• Xefe de servizo de informática: Luis Miguel Castro García (grupo A2, nivel 24)
• Director do centro de formación: Juan José Lorenzo Pose (grupo A1, nivel 26)
• Enxeñeiro: José Manuel Facal Fariña (grupo A1, nivel 26). Tomará posesión o día 21.